Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Zas
Parroquia: San Cremenzo de Pazos (San Cremenzo)
Lugar: San Cremenzo de Pazos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de San Cremenzo que orixinalmente contaba cun recinto ovalado, hoxe tan só se conserva a metade Nordés tendo unha tendencia circular lixeiramente ovalado. Situado a unha altura duns 198 metros de altura sobre o nivel do mar, contaba cunhas medidas orixinales de: NO-SL duns 100 metros e 125 metros de SO-NL cunha superficie de máis ou menos 8.500 metros cadrados. Hoxe as súas medidas son duns 80 metros de Leste a Oeste por 85 metros de Norte a Sur acadando uns 5585 metros cadrados de superficie.
O parapeto delimitador que vai dende o Norte ata o Surleste conserva unha altura máxima cara o exterior de aproximadamente de 6 a 8 metros, continuando a partires deste punto a pendente natural cara o rio Sisto. Con respecto ó interior, a altura máxima dáse na zona Surleste, con aproximadamente de 2 a 3 metros de altura, mentres que no Norte esta é duns 2 metros.
A metade Sudoeste do castro foi arrasada superficialmente anos atrás cando se procedeu a tranformar esta zona en terreos de cultivo. O parapeto delimitador do castro nesta zona foi arrasado e seguramente os niveis arqueolóxicos superficiais tamén se viron afectados por esta actividade.
Visitar o que queda do castro e unha tarefa case imposíbel dada a vexetación existente, semellando ser unha auténtica selva pero impresiona ollar o parapeto N-SL, dada a súa altura e conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15093012
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA028.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.13796227058398
Lonxitude: -8.909987211227417
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84