Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Coristanco
Parroquia: Traba (Santa María)
Lugar: Traba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo barroco clasicista; atópase situada nunha zona eminentemente rural, e lixeiramente elevada sobre a estrada. No seu espazo relixioso exterior, que ven delimitado por un pequeno muro realizado de cachotería, atópase o cemiterio parroquial.
Trátase dunha igrexa do século XVIII con planta de cruz latina e un corpo rectangular engadido ó muro septentrional e que funciona como sancristía. A estructura da cuberta está realizada con bóveda de canón rebaixada sobre arcos faixóns, executada con pedra e posteriormente recebada. As dúas capelas laterais son de planta rectangular. A ámbo-los lados da nave central ábrense amplas xanelas.
A cuberta é a dúas augas cunha cubrición de pranchas de fibrocemento. A fachada principal, na que destacan os diferentes xogos de profundidade, propiciados polas discontinuidades da súa superficie, está realizada en cantería e posúe unha torre campanario no eixo central da mesma de inspiración barroca. Esta fachada de estructura complexa, alberga a porta principal baixo un arco de tipo carpanel retranqueado baixo outro de medio punto en cuio lateral esquerdo ábrese a porta de acceso ó coro alto. Sobre dito arco de medio punto sitúae unha xanela cun arco de medio punto abucinado nun frontón do campanario que presenta unha grosa base moldurada e acornixada na que se apoian nas marxes dereita e esquerda unha balaustrada e os catro machóns que xuntados por arcos de medio punto lixeiramente peraltados, soportan as campás. Na base dos machóns atópanse unhas barandas. Unha cornixa moldurada con pináculos nas súas catro esquinas remata o conxunto sobre o que se superpoñe un cimborrio de sección octogonal, acornixado cunha cúpula e coroada por un pináculo.
O presbiterio está presidido por un retablo de elementos neoclásicos. As capelas laterais tamén posúen retablos realizados en madeira.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laxe e Ponteceso”, Vol. V; Deputación Provincial da Coruña, 1998.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CORISTANCO/documents/0135CA001.pdf
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CORISTANCO/documents/0135CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.18605800192497
Lonxitude: -8.730214834213256
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84