
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Coristanco
Parroquia: Traba (Santa María)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo”, sen plataforma nen pedestal, co varal soportado sobre unha mesa-altar. O varal circular comenza en cadrado cos paramentos recadrados. Ten un capitel cilíndrico con astrágalo circular e liso. O ábaco é de lados curvos e os vértices achafranados, ten ademais volutas, querubíns e follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Ten a cabeza para adiante lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada co Neno no brazo esquerdo. O cruceiro é todo de granito cun estado regular a malo de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da Provincia da Coruña”. Vol.I; Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CORISTANCO/documents/0135CA008.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.18613916312847Lonxitude: -8.730358332395553
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84