Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cee
Parroquia: Toba (Santo Adrán)
Lugar: Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular achafranado. Ten un varal circular, comezando en cadrado cos paramentos recadrados onde ten unha inscrición que nos indica o ano: “… 1756”. O capitel é cuadrangular con ábaco de lados rectos e con volutas. A súa cruz é circular cos brazos con estrías. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazadso e cun rosario. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol.I; Deputación Provincial da Coruña, 1999.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.96577762087785
Lonxitude: -9.198748469352722
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84