
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cee
Parroquia: Toba (Santo Adrán)
Lugar: Toba
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de cruz latina cunha ábsida de reducidas dimensións. A nave presenta unha notable desproporción con respecto ó cruceiro, formado por dúas capelas moi pequenas. No lado norte ca capela maior atopámo-la sancristía e tamén neste mesmo muro existe unha pequena estancia, con acceso desde o exterior que serve para gardar obxectos litúrxicos. Ós pés está un coro ó que se accede por unha estreita escaleira de pedra. A capela maior cóbrese con bóveda de canón; o arco de ingreso que a comunica coa nave apóiase en dúas semicolumnas. A nave cóbrese actualmente con bóveda de canón de cemento, aínda que primitivamente tivo teitume de madeira a dúas augas. A fachada principal ó oeste componse dunha porta de luz rectangular sobre a que se abre un van tamén rectangular. Un baptisterio alóxase ós pés da nave cerrado por un arco de medio punto. As capelas do brazo do cruceiro cóbrense con bóvedas de canón de cantería. Ós pés do muro sur levántase unha torre, sobre un corpo cúbico de carácter pesado e macizo. A fachada segue un esquema pentagonal na súa disposición. Remátase cun acroterio en forma de cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
A imaxe máis antiga que conserva este templo é barroca e representa ó santo titular vestido con túnica de panos quebrados; un manto sobre os ombros contribúe a potencia-lo claroscuro e o movemento da figura. Porta na súa man dereita a palma do martirio e a espada como corresponde a un oficial romano convertido ó cristianismo e martirizado a principios do século IV.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía”. Vol.IV; Deputación Provincial da Coruña, 1997.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.966083806892456Lonxitude: -9.199279546737671
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84