Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Redondela
Parroquia: Redondela (Santiago)
Lugar: Praza de Ponteareas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O Convento de Vilavella construido no s. XVI e reformado a mediados do s. XX, atópase na praza Ponteareas de Redondela. Conserva da época a igrexa conventual, dunha soa nave, dividida en cinco tramos que se corresponden ao exterior con outros tantos contrafortes.
A construcción do Convento de Vilavella foi financiada polo arcipreste de Cerbeira e, anteriormente, párroco de Vilavella, García Prego de Montaos. Realizouse nos terreos da antiga igrexa parroquial, quedando a igrexa aberta aos veciños, pero co novo coro alto e o acceso ó campario reservado para as monxas. No exterior da sacristía da igrexa aínda podemos observar o brasón dos Prego de Montaos e debaixo unha inscrición, hoxe ilexible, que di: 
“Este mosteiro hizo García Prego arcediano de Cerbeira”.
As obras comezaron en 1501 e remataron en 1554. Nel estableceuse a orde de clausura de San Lorenzo Justiniano en 1574, tomando o nome de Convento da Nosa Señora da Purificación. Sofreu un incendio no 1864, perdéndose a parte do coro onde se atopaba o órgano.
Cando unha monxa tomaba os hábitos o seu pai debía dar unha dote, xa fora en forma de cartos, casas ou leiras. Tamén recibían propiedades mediante cesións ou herdanzas. Todo isto explica que xa a principios do s. XVII a maior fonte de ingresos do convento era o cobro de foros por arrendamentos de terreos e vivendas en Nespereira, Quintela, Saxamonde, Negros, Cedeira, Vilavella, Cesantes, Arcade, Soutomaior, Amoedo, Pazos, Reboreda, Guizán, Cela, Meira, Moaña… Os pagamentos poucas veces se realizaban en cartos e as máis das veces facíanse en millo, trigo, centeo, viño, galiñas… Outra fonte de ingresos eran os bordados e a elaboración de deliciosos doces: cabelo de anxo, toronja, noces… 
En 1603 o Concello de Pontevedra encarga á superiora Inés Avalle Mariño unhas confituras para agasallar ó Arcebispo Maximiliano de Austria de visita nesa cidade. En 1867 representaron a España na Exposición Universal de París con: doces en almíbar, de azahar, laranxa, naranjillo, cabello e noz. O precio era de 0’5 a libra e consumíanse máis no extranxeiro que en España.
A orde abandoou as instalacións en 1932. O convento foi arrendado a José Regojo, Florencio Soto e José Docampo que o empregaron coma empresa elaboradora dun doce de froitas. No pleno celebrado o 16 de maio de 1936 a Corporación Municipal acórda solicitar ao Estado a cesión do Convento de Vilavella, que nunca se levaría a cabo polo o inicio da guerra. En 1942 vendeuse a José Otero González (Mañas), dono dunha fábrica de conservas chamada JOB (iniciais do seu pai José Otero Bilbao), de aí as inscricións coas iniciais JOG e JOB nos escudos das fachadas. O Bispado de Tui tamén vendería daquela a casa parroquial sita na rúa Padre Crespo, por non ser empregada polo párroco José Sátiro Redondo Cal.
O novo propietario realizou modificacións estruturais no mosteiro. Renunciou ao coro alto e o acceso ao campanario a cambio dunha tribuna, que aínda existe, na parte dereita da igrexa. Empregou as instalacións coma vivenda e tamén coma oficinas, almacén, taller mecánico e carpintería para a súa empresa.
Tralo seu falecemento, a súa dona, acompañada por dúas criadas, permaneceu no convento ata a súa morte a finais dos oitenta. A edificación foi herdada polos seus sobriños. Estes, adosaron ó mosteiro unha nave para facer unha empresa chamada Figueiral primeiro, e despois Coomundo. Botaron unha placa no segundo piso da parte máis próxima do convento (o chan de madeira xa se fundira anos atrás) e adicaron este piso a exposicións dos seus productos: roupa, canas de pescar… Logo, a parte do mosterio quedou en desuso e a nave alugouse a unha empresa fabricante de adhesivos, que no 2007 se trasladou. O convento permanecería baleiro ata que, no 2003, alugárono, con dereito a compra, á empresa Ramale Hostelería e agora e utilizado coma restaurante.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/REDONDELA/documents/0906CA001.pdf (Páxina 4)
https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/o-convento-de-vilavella/
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=5838&ctre=31
http://conventovilavella.com/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2785630036
Lonxitude: -8.61043810844
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84