Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Taboadela
Parroquia: Mesón de Calvos (Santa María)
Lugar: Mesón de Calvos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Edificio de grandes dimensións e dúas alturas construído en unha encrucillada de camiños da parroquia de Mesón de Calvos. De planta poligonal, as súas fachadas presentan unha ordenación simétrica de portas, xanelas e portas de aire que alternan, na planta terrea, con portóns de grande tamaño que permitían a entrada e saída de carros e cabalgaduras.
Construídos en perpiaño perfectamente escuadrado, os entrepanos do inmoble aparecen parcialmente enfuscados e pintados de branco, deixando á vista o contorno dos vans, así como o zócolo e a liña de imposta.
O edificio aparece protexido cunha cuberta a catro augas que deixa lugar a dúas bufardas de pequenas dimensións situadas moi próximas.
Construído do ano 1869, estamos diante de unha autentica “area de servizo” do Camiño Real que unía Ourense con Castela. Así este complexo contaba con adega, forno, cuartos, cortes, pozo, cociña, etc de maneira que puidesen ofrecer a arrieiros e viaxeiros todos os servizos que necesitasen.
En un dos ángulos do edificio, hoxe dividido en dúas propiedades, localizase un magnifico reloxo de sol aos ombreiros dun personaxe de labra popular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TABOADELA/documents/26629CA007.pdf (P.4)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.26441575420375
Lonxitude: -7.83254384994506
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84