Outra fotografía:
Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Comarcas / Paradela
Parroquia: San Facundo de Ribas de Miño (San Facundo)
Lugar: San Facundo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
O conxunto de San Facundo de Ribas de Miño, de estilo cisterciense, transición románico a gótico, foi declarado monumento de interese nacional no ano 1982. Recibe en 1998 o Primeiro Premio do Colexio de Arquitectos de Galicia como mellor proxecto de restauración realizado na Comunidade Autónoma. Con este galardón recoñecese o carácter orixinal da actuación realizada, en base a un proxecto dos arquitectos Alberte González Rodríguez e Jorge Salvador Fernández.
Sendo a arquitectura notable, mais o é o entorno: rodeado de viñedos que baixan polas ladeiras do Monte da Trapa ata o río Miño, con embarcadoiro para o catamarán. Afirma D. Ricardo López que a bóveda da igrexa de San Facundo de Ribas de Miño é a primeira manifestación do estilo gótico na Península Ibérica; está constituída por seis robustos arcos de pedra, que converxen nunha clave colocada a solo 5,30 m de altura.
San Facundo é fundado en torno ó ano 1120 e nace coa vocación de acoller ós peregrinos que viaxaban a Santiago. En 1116 Dona Urraca, raíña de León e Castela, nun dos seus temperamentais arrebatos decide cortarlle a fonte de ingresos que supoñían os peregrinos ó Arcebispo Xelmírez e derruba a ponte de Portomarín sobre o río Miño, camiño francés a Compostela. Os monxes beneditinos, entón, instálanse onde o Miño amansa a corrente para cruzar en barcas ós peregrinos, fundando o mosteiro en torno a 1120. Neste ano, Pedro o peregrino volve a levantar a ponte de Portomarín, converténdose así San Facundo no refuxio de aqueles viaxeiros que non podían pagar o pontazgo de Portomarín e que pasaban a noite na igrexa.
No interior do templo podemos ver pinturas murais de estilo gótico hispano-flamenco con esta temática. No muro norte está representado San Cristóbal levando no seu ombreiro ao Neno Xesús, no seu cinto aparecen as cabezas de tres personaxes que representan os viaxeiros que San Cristóbal cargaba para axudarlles a cruzar o río, facendo ademán de soltar o cinto para encomendalos aos coidados dos monxes. Á esquerda o despide un monxe e na dereita o recibe outro monxe ao pé dunha igrexa, que lle ilumina o camiño ao Santo, como representación da acollida dos monxes aos viaxeiros e peregrinos.
Están tamén representados San Bartolomé, coa metade da pel colgando, en referencia o seu martirio, pois foi despelexado vivo, leva un coitelo na man e está pisando un monstruo/demo que ten unido a el cunha cadea. Está tamén San Francisco de Asís co hábito da súa orde, levando un libro e un crucifixo.
No muro sur está representado a escea do martirio de San Sebastián, espido e aseteado por dous arqueiros. No muro surleste está representada a crucifixión, na que Cristo está acompañado pola Virxe María e San Xoán Evanxelista. No muro norleste, podemos ver á Virxe María dándolle o peito ao Neno.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: ficha nºA026
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Pila bautismal
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Ricardo López, Amanece el gótico en Ribas de Miño, 2008 , Edita: Ricardo López
Ricardo López Pacho, “San Facundo de Ribas de Miño”, Lucensia, Biblioteca Seminario Diocesano nº 9, 1994
Elías Valiño Sampedro, “Inventario Artístico de Lugo y su provincia”
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.77455035777677Lonxitude: -7.629060745239258
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Xul 22, 2013
Coma información complementaria engado os enlaces ás fichas do catálogo do PXOM (2007) vixente no concello;
ficha da igrexa:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PARADELA/documents/26076CA014.pdf
ficha da reitoral:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PARADELA/documents/26076CA020.pdf