Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Vigo
Parroquia: Vigo centro
Lugar: Praza do Emigrante
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este cruceiro consta dunha base cadrada cun chanzo, sobre a que se alza un pedestal cúbico liso. Nunha das caras posúe a inscrición: “AVENIDA DE CASTELAO 1981”.
O seu fuste é de sección cadrada achafranada. Presenta uns elementos decorativos nos extremos dos chafráns con forma de vieiras, catro na parte inferior sobre o pedestal, e catro na parte superior, marcando o comezo dun pequeno capitel plano de catro caras, que serve de base para a capela que leva enriba. Na parte central do fuste atópase un elementos decorativo que fai referencia a unha das grandes obras de Castelao: “As cruces de pedra na Galiza”. Representa un libro aberto no que figura o título desta obra.
O capitel consta dun fornelo aberto sobre un pedestal a modo de capitel con cadanseu querubín en cada unha das caras. A capela está formada por tres lousas cuadrangulares con abertura frontal. Nela aparecen representadas as seguintes figuras: Unha figura franciscana, co habito e bordón; Unha figura de Santiago Matamouros a cabalo, con espada nunha man e estandarte con simboloxía xacobea na outra, esmagando baixo os pés a figura dun infiel; Unha figura de Cristo portando a Cruz camiño do Calvario.
Na cruz, lisa e rematada en extremos florenzados, aparece a figura do Cristo.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaComunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://xosecounhago.com/?p=1500


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.22062560792412
Lonxitude: -8.73360313475132
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84