Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Redondela
Parroquia: Redondela (Santiago)
Lugar: Rúa O Carballo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro sobre tres chanzos cadrados que soportan unha base de granito con dous pequenos fornelos, sobre o que se levanta un varal octogonal. A base ten a seguinte inscrición:
“A DEVOCIÓN DE LOS SEÑORES DON MANUEL OCHOA I SU ESPOSA SE HIZO ESTE SANTO CRUZERO EN EL PRESENTE AÑO DE 1790”.
O capitel é de catro lados e presenta tres cabezas de anxo e unha caveira aos pés do Cristo. Este mira cara a abaixo, tendo as súas mans pechadas en torno aos cravos. No anverso da cruz, de sección cilíndrica, disponse a imaxe dunha Virxe de pé co Neno Xesús nos brazos mentras dous anxos lle sosteñen unha coroa.
Este cruceiro foi realizado no ano 1790.
A finais do s. XIX, o dono da propiedade privada na que se atopaba fixo un muro de peche, desprazando o cruceiro ata a súa ubicación actual.
Segundo recolle Estanislao Fernández de la Cigoña: “…perdeu a tapa dos dous esmoleiros da base, polo que a xente xa non deixa esmolas…”
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
“Segundo informacións facilitadas polo canteiro deste lugar, Salustiano Bernárdez, sendo alcalde de Redondela Juan Muiños Iglesias, propúxolle o traslado desde conxunto aos novos xardíns da alameda; proposta que non foi aceptada pola oposición dos veciños e sobre todo pola crenza de que puidera carrexar malos augurios, como lle acontecera aos donos do predio cando o desprazaron.”
Historia recente do ben:
A inicios do ano 2022 se denuncia o importante deterioro deste cruceiro (ver referencias bibliográficas).
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360450804.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?langId=gl_ES&cod_rec=19022&ctre=55&volverFicha=true
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/cruceiros-esmoleiros-e-petos-de-animas.html
https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/01/09/vecinos-denuncian-importante-deterioro-cruceiro-61381945.html
BIBLIOGRAFÍA
BURGOA FERNÁNDEZ, JUAN J. De Tui a Santiago. Cruceros y Petos de ánimas del Camino Portugués (En liña)
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, E. (2005). Cruces, cruceiros, esmoleiros e petos de ánimas de Redondela. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ANTUÑA SOUTO, Carlos Alberto e ORGE QUINTEIRO, José Antonio (2007). Cruces, cruceiros e petos de ánimas no Concello de Redondela (3ª parte). Seminario de Estudios Redondeláns (SEREN), Bol 4.
ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.2824763564Lonxitude: -8.60591724515
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84