
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Bamiro
Lugar: Cheis
Outra denominación do ben: Cruceiro dos Santos ou de Pazos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Trátase dun dos cruceiros máis antigos de Galicia. Podemos datalo a finais do século XV ou comezos do XVI. E como non, atópase nunha encrucillada, no antigo camiño que ía de Ponte Olveira a Baio, e que aínda se conserva por treitos (dende aquí, ata a aldea de Pazos podemos percorrer este camiño real).
Non se pode saber con exactitude cando se fixo o cruceiro (hai quen di que no séc. XIV). O varal é posterior e colocouno alí un tal D. Juan de Pazos a fins do século XVII.
O nome de Cruceiro dos Santos venlle pola cantidade de figuras que hai na cruz, algo moi raro nos cruceiros soneiráns, que adoitan ser bastante sinxelos. Explicaremos os dous reversos:
– O do lado oeste: Represéntase unha rara Trindade antropozoomórfica, algo inédito nos cruceiros galegos. Ademais chama a atención que a cruz intente imitar ó tronco dun carballo. De arriba a abaixo: a pomba-Espírito Santo, o Pai, o Fillo Xesús no colo, e unha figura con gorro, bastón e libro. Pode ser un peregrino.
– O do lado leste: Cristo crucificado con tres cravos nunha cruz nodosa, cunha figura axenlloada ó seus pés, que semella ser un frade franciscano. De arriba a abaixo: un anxo descendendo cunha coroa nas mans, o Cristo cos tres cravos, o frade franciscano e unha flor e falso capitel.
Finalmente a cada lado están as figuras de San Xoán e Santa María.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xª Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Atópase en perigo, confinado nunha apartada corredoira, sen sinalización e rodeado pola maleza.
Onde está localizado
Latitude: 43.1260533047Lonxitude: -8.96856665611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
Ulmo de Arxila says:
Set 6, 2011
Lema Suárez, X. María (2009): “O cruceiro dos Santos (Bamiro) e outros cruceiros da Terra de Soneira”, in Congreso Galego sobre “Cruceiros e Cruces de Pedra” (1º. 2009. Poio). Actas do Iº. Congreso Galego sobre “Cruceiros e cruces de pedra”. Vigo : Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, pp. 205-214
Manuel Rial says:
Set 7, 2011
Debido á importancia deste cruceiro, estase pedindo a declaración expresa de Ben de Interese Cultural.
LVG, “Un dos mellores cruceiros de Galicia segue abandonado entre a maleza.”
http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/04/22/0003_7667893.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
Xerardo says:
Nov 7, 2015
Unha mágoa. Está no máis absoluto abandono, case que non se pode achegar a él.
Oscar Franco says:
Abr 25, 2017
O Concello de Vimianzo limpa e adecenta o cruceiro e o seu contorno. A nova é do 22 de abril de 2017:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2017/04/22/rehabilitan-cruceiros-cheis-tines-vimianzo/0003_201704C22C6996.htm