Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Bamiro
Lugar: Cheis
Outra denominación do ben: Cruceiro dos Santos ou de Pazos
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Trátase dun dos cruceiros máis antigos de Galicia. Podemos datalo a finais do século XV ou comezos do XVI. E como non, atópase nunha encrucillada, no antigo camiño que ía de Ponte Olveira a Baio, e que aínda se conserva por treitos (dende aquí, ata a aldea de Pazos podemos percorrer este camiño real).
Non se pode saber con exactitude cando se fixo o cruceiro (hai quen di que no séc. XIV). O varal é posterior e colocouno alí un tal D. Juan de Pazos a fins do século XVII.
O nome de Cruceiro dos Santos venlle pola cantidade de figuras que hai na cruz, algo moi raro nos cruceiros soneiráns, que adoitan ser bastante sinxelos. Explicaremos os dous reversos:
– O do lado oeste: Represéntase unha rara Trindade antropozoomórfica, algo inédito nos cruceiros galegos. Ademais chama a atención que a cruz intente imitar ó tronco dun carballo. De arriba a abaixo: a pomba-Espírito Santo, o Pai, o Fillo Xesús no colo, e unha figura con gorro, bastón e libro. Pode ser un peregrino.
– O do lado leste: Cristo crucificado con tres cravos nunha cruz nodosa, cunha figura axenlloada ó seus pés, que semella ser un frade franciscano. De arriba a abaixo: un anxo descendendo cunha coroa nas mans, o Cristo cos tres cravos, o frade franciscano e unha flor e falso capitel.
Finalmente a cada lado están as figuras de San Xoán e Santa María.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xª Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en perigo, confinado nunha apartada corredoira, sen sinalización e rodeado pola maleza.


Onde está localizado

Latitude: 43.1260533047
Lonxitude: -8.96856665611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84