Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Broño (San Martiño)
Lugar: San Martiño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa de estilo neoclásico de planta rectangular e con tellado a dúas augas. Presbiterio diferenciado en planta e altura do resto da nave. A fachada de finais do século XVIII amosa pilastras laterais que rematan en capitel con molduras que parecen conformar no cume un frontón triangular. A porta principal é alintelada e con molduras, a que lle segue una cornixa saínte que fai de arranque a una gran fornela con arco de medio, con adornos de molduras e clave resaltada. Nesa fornela hai unha peaña baleira A torre da campás vai centrada coa fachada e ten catro vans con arcos para acoller ás campás e remata na parte superior nunha cúpula que se apoia nun pequeno corpo de cuadrangular de catro vans con arcos. No remate das esquinas da fachada ten dous grandes pináculos .


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NEGREIRA/documents/0245CA004.pdf (pax 7 de 23 )


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.928289360985374
Lonxitude: -8.780243396759033
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84