
Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Esgos
Parroquia: Vilar de Ordelles (Santa María)
Lugar: Lameiro da Fonte
Outra denominación do ben: Muíños das Campinas
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Dentro da “ruta dos muíños” do concello de Esgos, xusto no comezo polo lado mais o sur, atopamos este conxunto de “Muíños da Ponte Pedriña”.
Formado por tres muíños, dous no concello de Esgos e outro no concello de Paderne de Allariz, situados a veira do río Grañal, o regueiro de mais caudal da zona.
Os pertencentes a o concello de Esgos están restaurados no que se refire as cubertas e entorno.
Están feitos en cachotería de pedra variada, con grandes sillares nas esquinas e cachotería e sillares no resto.
Cuberta a catro augas con tella curva. Acceso principal no lateral e ventas cara os ocos de saída da auga cara o regato.
Ambos son do tipo de muíño de regato característico por por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Na parte inferior da canle áchase unha peza especial de madeira ou granito, segundo o caso, onde se practica un burato que se abre dende o interior(billote ou bofetón) que fará saír a auga coa forza necesaria para mover o rodicio, que á súa vez fará xirar a vara que moverá a moa.
De grandes dimensións, os dous con dous rodicios, ó inferior chégalle a auga por un canal corto e podía re-aproveitar a que saia do superior, ó que tiña moito máis recorrido de canle, moi traballada na peneda, e con máis caída.
A estes muíños podemos chegar dende As Campinas ou dende Folgoso se chegamos polo concello de Esgos, se chegamos polo lado de Paderne de Allariz baixaremos a eles dende o pobo de Riodebodas.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ESGOS/documents/26716ca141.pdf (P.3)
http://www.concelloesgos.com/?id=80
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.30830791033819Lonxitude: -7.74181008338928
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84