Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Redondela
Parroquia: Redondela (Santiago)
Lugar: Redondela - Rúa Padre Crespo
Outra denominación do ben: Pazo de Santa Teresa
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Tamén coñecido como Pazo de Santa Teresa, nel aínda se conservan algunhas partes que datan do século XIV. Ten capela, torreón e chafariz. Na fachada leva o brasón dos Prego de Montaos.
Foi fundado no século XVII por García Prego de Montaos y Sotomayor, e era coñecido nun principio como Granxa de Vilavella. Logo pasaría a Álvaro Prego de Montaos, abade de Cerveira, que en 1624 otorgou escritura de doazón con gravame de vínculo a favor do seu sobriño Gonzalo de Avalle. Despois esta familia entroncou cos Sotelo pasando o pazo aos Sarmiento de Sotomayor. Destes últimos destaca a frei Sarmiento de Sotomayor, bispo de Jaca e Mondoñedo.
A mediados do século XVIII era propiedade do fidalgo Francisco Borja Sarmiento, señor xurisdicional das parroquias de Corzáns e Petán (A Cañiza), de aí o nome do pazo. En 1903 é posto á venda por María Valledor, trala morte do seu esposo Fernando Rodríguez Trelles. Anos máis tarde, foi mercado polo industrial José Regojo e desde entón pertence a súa familia. No 2009 iniciáronse obras de reforma no Pazo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta: RI.000034231
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/REDONDELA/documents/0906CA001.pdf (p. 4)
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://anecdotarioredondelan.jimdo.com/atractivos-tur%C3%ADsticos-e-patrimonio/arquitectura-civil/
http://www.redondela-server.net/web/index.php?option=com_content&view=article&id=284&Itemid=277

BIBLIOGRAFÍA
VV.AA. INVENTARIO PAZOS Y TORRES. TOMO 2. REDONDELA – PENÍNSULA DEL MORRAZO. Tomo . Ed. Asociación Amigos de los Pazos. 1974.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2810515431
Lonxitude: -8.60928073525
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84