Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Bergantiños (comarca) / Malpica de Bergantiños
Parroquia: Barizo (San Pedro)
Lugar: Castro, O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Barizo está nun pequeno rechán, a unha altitude de 112 metros e na estribación sueste do monte Nariga, que chega aos 210 metros e cae en fortísimas pendentes cara a pedregosa costa. Parte desas pendentes protexerían ao castro pola vertente norte e serían menos acusadas polos demais extremos. A entrada do castro faise pola cara sur, por onde se poden apreciar en moi bo estado as murallas de cachotería que cinguen a croa, case redonda e duns 80 metros de diámetro. O visor sigpac de parcelas agrícolas marca como un único recinto toda extensión do castro, dato ese que foi confirmado por un viciño. Tería visión coas illas Sisargas e co castro marítimo de Punta Galiana, defendido pola zona de terra por dous grandes parapetos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207CA003.PDF


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.3069270352
Lonxitude: -8.87236118317
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84