Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Prexigueiró (San Salvador)
Lugar: Castadón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

O Pazo de Castadón posúe planta rectangular e foi construído no século XIX sobre perpiaños coidadosamente labrados, cun patio anterior non inscrito. Presenta dúas alturas cun corpo central máis alto. Na fachada principal disponse a solaina. A fachada de maior interese é a principal, orientada ao mediodía. Na planta baixa, ábrese o portalón da entrada con lintel, con dúas fiestras estreitas horizontais a ambos lados, como defensa da casa. O andar principal ten nos extremos grandes balcóns voados con repisas de pedra apoiadas sobre repousadoiros de tres curvas. No centro, atopamos un balcón de menos voo que vai unido ao lintel da entrada. Entre os balcóns hai dúas fiestras regulares. A fachada remata cunha cornixa de caveto e gola situada debaixo do aleiro. No centro érguese outro corpo onde a fronte se pecha cunha galería(hoxe caída). Como elementos plásticos atopamos dúas repisas circulares a ambos lados do balcón central e dúas pedras de armas de diferente factura. A planta baixa do edificio está ocupada polas dependencias do servizo e a principal pola vivenda. Dende o portalón da entrada accédese a un amplo vestíbulo empedrado do que arrinca un dos seus lados, unha escaleira de pedra con varanda maciza e pasamáns rematados en espiral. Logo dos primeiros tramos péchase cunha porta con lintel. A escaleira continúa ata a planta principal acabando nun vestíbulo ou corredor, ao redor do cal están organizadas as dependencias da vivenda. Ao redor do pazo atopamos un hórreo de singular beleza, e o camiño de entrada dende o núcleo do pobo, con muros moi traballados que se desfixeron en parte na ampliación da estrada nacional, tamén e digno de mención. O seu estado de conservación e bastante malo, xa se derrubou parte do teito e unha parte do frontal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PEREIRODEAGUIAR/documents/0478CA003.pdf (p. 10)
http://www.concellopereiro.com/es/patrimonio/pazos/pazoCastadon/castadon.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

A punto de rerrubarse todo o teito, e polo tanto estragarse.


Onde está localizado

Latitude: 42.3468133487
Lonxitude: -7.81647205353
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84