Igrexa de San Xoán de Barcala
Catalogouno elixiovieites o Xul 29, 2013 • 12:32 p.m. • Non hai comentariosOutra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Barcala (San Xoán)
Lugar: Seoane
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo barroco do século XVIII de nave rectangular, con presbiterio destacado da planta, e sancristía acaroada á cara norte. Muros de boa fábrica de sillería de granito e tellado a dúas augas agás na cabeceira. Fachada carente de adorno con pequena aresta que a enmarca e onde se abre unha porta alintelada, e unha ventá rectangular de bordes en chafrán para aumentar a entrada de luz ao interior. No medio unha fornela coa imaxe do San Xoán. Torre de campanario de tres corpos, o primeiro, de base cadrada que remata en cornixa saínte. O segundo leva catro columnas que compoñen catro ocos de arco de medio punto para poñer as campás e pináculos de bóla nas esquinas. O terceiro octogonal con catro ocos e rematado nunha pequena cúpula rematada en pináculo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ABANA/documents/0054CA005.pdf (pax 5 de 19)
http://www.concellodabana.es/index.php?id=106
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.931903257Lonxitude: -8.76681089401
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84