Agora patrimoniogalego.net incorpora unha característica moi útil. Ao creares unha ficha, inmediatamente xeneras un código QR que podes imprimir en papel de etiquetas e empregalo para dar información aos camiñantes in situ sobre o lugar. Fai máis coñecido o patrimonio que te rodea cos QRs!
O acceso aos QRs está localizado en cada ficha, na posición que ves nesta imaxe.
Aquí podes ver un exemplo co que está a facer a Gentalha do Pichel cos castros de Compostela.
Este é un modelo de prantiñas que podes xenerar.