Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Portomouro (San Cristovo)
Lugar: Xermán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
O Bico do Castro está situado detrás da aldea de Xermán e componse dun único recinto oval. Segundo podemos ler na ficha do PXOM do concello de Val do Dubra esta daría unha medidas de 50 m. para o lado máis longo e 40 m. para o máis curto. Está defendido por un parapeto e un foso na parte norte e a pendente natural pola banda sur, pero a gran cantidade de vexetación impide ver máis estruturas e precisar outras configuracións. O parapeto parece alcanzar os 20 metros de ancho e 4 de altura, aínda que se atopa moi alterado. O foso tería 4 metros de ancho e 1 de profundidade. Na imaxe secundaria podemos ver o plano de pendentes lidar do terreo.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15088030
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://contalocal.com/valdodubra/PXOM/VAL-AIE01-09-CATALOGO/FICHAS/0925.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9623898457Lonxitude: -8.66104602814
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84