Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Dumbría / Fisterra (comarca)
Parroquia: Olveiroa (Santiago)
Lugar: Ponte Olveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O hórreo atópase ao lado da estrada e na ruta do camiño xacobeo que leva a Fisterra. A cámara está feito con cachotería e perpiaño irregular, sendo a única ventilación a que pasa a través das pedras. Pertence ao estilo fisterra, que pasa por ser o máis rústico dos estilos de hórreos galegos. Chama a atención o seu gran tamaño, pois está sostido por 10 pares de pés de sección cilíndrica irregular e máis anchos na base, con tornarratos en forma de sector esférico. Os penais levan sobrepenas para apartar a auga da chuvia e o tellado vai a dúas augas con tella do país. En cada cume leva unha cruz sobre unha base de pedra cuadrangular.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9647609154
Lonxitude: -9.02075171471
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84