Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Zas
Parroquia: Santa María de Gándara
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo sen plataforma co varal situado enriba da parede do adro e cunha mesa acaroada a ela. O varal comenza en cadrado e vai trocando ata rematar en circular. O capitel é cuadrangular con astrágalo circular. A súa cruz é octogonal con remates florenzados. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza lixeiramente cara á dereita cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados sobre unha peaña. Todo o cruceiro é de granito cun bo estado de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.1338519429Lonxitude: -8.8798391819
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Feb 9, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 8/1995, do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1995-25952