Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Zas
Parroquia: Santa María de Gándara
Lugar: Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma triangular de tres chanzos e pedestal octogonal cunha mesa acaroada. No segundo chanzo ten unha inscrición que di: “ANO DE 1720” O varal é cadrado con chafráns comezando no primeiro cuarto en cadrado e recadrado e na parte do capitel acaba rematando en cilíndrico. Ten un capitel octogonal con astrágalo octogonal e liso. O ábaco é de lados rectos e ademais ten volutas. A súa cruz é octogonal con remates florenzados. Na parte do anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Ten unha cartela coas siglas INRI e o seu pano de pureza vai sen nós. Esta San Francisco abrazandoo e Cristo mira o Santo cara a súa dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe co neno sobre unha peaña dun anxo con ás e outros anxos en cada brazo da cruz coroándoa. Todo o cruceiro é de granito cun estado regular de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. IV. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA001.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1345820355
Lonxitude: -8.88165235519
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84