Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Zas
Parroquia: Santa María da Gándara
Lugar: Entre O Sisto, Parga e Budián
Outra denominación do ben: Castro das Cortellas
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Recinto fortificado situado no cume do monte chamado Bico da Cruz a 354 metros de altura sobre o nivel do mar. Este castro é tamén coñecido por Castro das Cortellas, presentando un recinto central ovalado, delimitado por un parapeto de terra e pedras que non destaca con respecto ó interior do xacemento, mentres que con respecto ó exterior presenta unha altura bastante regular, de aproximadamenta dous metros.
Concéntrico a este recinto central, a uns 10 ou 20 metros de distancia, hai un segundo parapeto de aproximadamente 2 ou 3 metros de altura con respecto ó exterior e de un metro de altura con respecto ó interior.
A uns 10 ou 20 metros de distancia deste segundo parapeto obsérvase un terceiro parapeto duns dous metros de altura con respecto ó exterior e un metros con respecto ó interior.
Este potente sistema defensivo podería aínda verse reforzada coa presencia dun cuarto parapeto situado a uns 10 metros ó Sur do anterior, aínda que neste último caso, debido ós escasos restos conservados, esta posibilidade só podería ser confirmada cunha intervención arqueolóxica directa.
No interior do recinto central obsérvanse, a ras do chan, restos de muros pertencentes a construccións circulares.
O castro consta de 1,03 Ha. de superficie e cunhas medidas de NO-SL de 150 metros por 83 metros de NL-SO.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15093014
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA029.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1383224004
Lonxitude: -8.86098861694
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84