Outra fotografía:
Tipo de ben: Pombal,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa Comba de Carnota
Lugar: Mallou
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
É un exemplo dos típicos pombais galegos, de planta circular e corpo cilíndrico, realizado con pezas de cachotería encintadas. Unha única porta serve de acceso ó mesmo, onde se dispoñen, arredor dos muros, os pombeiros ou nichos para que as aves poidan aniñar, e para a entrada das pombas situáronse preto da cima uns buratiños cadrados baixo o beirado, dispoñéndose baixo os mesmos, en todo o perímetro, un beiril de pedra para que as pombas se poidan pousar. A cuberta é cónica, con tella do país, situándose no cumio un fermoso pináculo piramidal.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8076256747Lonxitude: -9.09896224737
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84