Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: San Mamede de Carnota
Lugar: Castelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Calcolítico,
Descrición:

Como ben escribe Cernadas na súa guía, “a Laxe de Prousos Magos ten uns 10 metros de lonxitude por uns 4 de ancho presentando unha inclinación do 25% en dirección norte-noroeste. Está disposta sen sobresair do nivel do chan e mesmo nunha paret aparece cuberto pola terra. A superficie desta laxe, bastante rugosa, é de granito dun gran groso.
Os gravados son moi variados, destacando na parte inferior as representacións de paletas, polos menos 13 con mango, ademais doutras posíbeis paletas sen mango e combinadas con diversos motivos. O rebaixe destes gravados varía entre os 14 x 14 cm do maior e os 6 x 6 cm do menos, con profundidades de 1`5 ou 2 cm. Tamén aprécianse varias coviñas espalladas pola laxe, moitas delas excepcionais polo seu tamaño e forma. As súas dimensións van desde os 2 cm de diámetro por 1 cm de profundidade ós 20 cm de diámetro por 8 co de profundidade.
Outras representacións moi abundantes son os cruciformes e as combinacións máis ou menos complexas destes motivos, cando menos unhas vinte. A profundidade do suco destas representacións é de 0`5 a 1 cm.
Na parte superior da laxe están situados os motivos que poderiamos chamar circuliformes. O seu trazo é moi irregular e o suco moi áspero, máis ancho e profundo do normal, semellando ter feitos a pico. Posiblemente sexan motivos “mal” repicados en época posterior á do gravado orixinal. Nesta mesma zona superior tamén se aprecian diversos gravados de trazo recente, entre eles algunhas letras.
No bordo Nordés da laxe atopamos uns motivos difíciles de apreciar. Noutra laxe situada uns 4 metros máis abaixo pódense apreciar dous cruciformes, así como restos de varias combinacións circulares case inapreciábeis. Esta de Prousos Magos é unha das estacións nas que se poden apreciar as diferentes épocas en que foi gravada, polo cando menos 4 tipos de suco diferentes que podemos ver nesta laxe. O acceso a esta laxe é moi doado”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA15020022
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. Santa Comba 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8490216556
Lonxitude: -9.06937479973
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84