Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Pereiro de Aguiar
Parroquia: Prexigueiró (San Salvador)
Lugar: Gayan - Monte dos Muíños
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Restos do que debeu de ser un gran muíño de planta rectangular do que apenas nos queda en pé o inferno e a parte baixa do que foron os muros da zona de moenda.
Normalmente estes muíños tiñan, unha estrutura regular, cunha gran simplicidade de volumes. Así, sitúanse en paralelo co leito do río, en desnivel cara el, co fin de que a auga que vén pola canle entre pola fachada (parte superior) e saia polo lado oposto (parte inferior), aínda que ás veces se atopa en posición transversal, como en este caso. Ten por isto unha planta rectangular, con os muros de maiores dimensións polo lado do leito do río.
O material de construción é de pedra granítica sen labrar, irregulares, de grandes dimensións, pedras trabadas sen axuda de morteiro, xeralmente, buscando o seu mellor asento. Para o enripiado énchense os buratos con pequenas pedras (“rachas”). Os “cachotes” maiores colócanse na parte exterior dos muros, traballados ás veces (“cachotería” concentrada), e os menores no interior. Nos ángulos dos edificios e sobre os distintos vans (portas e fiestras), as pedras selecciónanse con especial coidado. No que atinxe á cuberta, adoitan facerse a dúas augas xeralmente. No interior ten dous niveis, o superior ou “terminado” – nome que recibe así mesmo o chan no que cae a fariña-, e o inferior, chamado sartén ou “inferno”, no que está o mecanismo que move a moa debaixo do piso, que está aberta cara ao río da que non se conserva nin o mais mínimo sinal.
Polo que se pode adiviñar tiña dúas moas, deducímolo polas dúas saídas dos infernos, aliviadoiros da auga cara o río, tamén distinguimos as canles por onde chegaba a auga cara el.
O concello ten unha ruta dos muíños de este río Lonia, na que se percorren varios, pero non aparece este, polo seu estado ruinoso.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellopereiro.com/es/patrimonio/muinos/molinos.htm
http://www.panoramio.com/photo/73252861


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3461195155
Lonxitude: -7.82187134027
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84