Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria,
Concello: A Estrada / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Riobó (San Martiño)
Lugar: A Mota - A Barreira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O conxunto da Papeleira de Riobó está formado por varias edificacións. Cada unha tiña usos concretos como o de branqueo, secado, almacén de trapos ou mesmo muíño fariñeiro. Ademais, o edificio principal principal estaba dedicado a oficinas, contador, sala de cilindros, secadoiros ao vapor e ao aire e depósitos para as pastas de papel. Trátase dunha gran construción de cantaría que consta de baixo, tres alturas e faiado. Posúe planta rectangular duns 25 metros de longo por 12 de ancho e tiña cuberta a dúas augas.

Coñecida tamén como “Fábrica da Barreira” ou “da Ulla”, o comezo de produción de papel remóntase a 1741 da man de Andrés de Silva. Tras varios anos sen actividade, Ramón María de Silva retoma o proceso e obtén a consideración de Real Fábrica en 1795. Despois de pertencer á saga dos Silva, no XIX aparece a nome de Ramón Otero Estévez, propietario do veciño Pazo da Mota. Tralo falecemento dun dos seus herdeiros, Gumersindo Otero, quen dirixía a fábrica desde 1880, a papeleira é vendida, sendo comprada en 1940 polo noiés Ramón López Rodríguez, dono da papeleira de Soutorredondo, en Lousame. Dirixida por este e o seu fillo, a fábrica de papel pecharía definitivamente en 1964. Porén, transformaríase primeiro nunha granxa de polos e logo nun criadeiro de troitas. Con máis cambios de donos, e malia o seu estado de ruína, na actualidade segue acollendo unha piscifactoría.

Os restos da fábrica atópanse no contorno da desaparecida fortaleza medieval coñecida co nome de “Torre da Barreira”, da que é probable que se reutilizaran pedras.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA:
FERNÁNDEZ CASAL, Juan: Fábrica de papel en Riobó. En A Estrada, miscelánea histórica e cultural, 7. Ano 2004.
(http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/290/1/pg_011-030_fernandez-casal_7.pdf)

RUBIA ALEJOS, Francisco: La solariega Casa da Silva. En A Estrada, miscelánea histórica e cultural.
(http://dspace.aestrada.com/jspui/bitstream/123456789/459/1/pg_381-422_estrada10.pdf)

ENLACES WEB
Ficha da Asociación Galega do Patrimonio Industrial: http://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/145


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Si, a súa estrutura está moi debilitada.


Onde está localizado

Latitude: 42.7473383541
Lonxitude: -8.4040260315
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84