Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santa Eulalia de Bando
Lugar: San Marcos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular cunha inscrición que di: “ESTE CRVCER // YÇO ANT. GRª I // SV MVGR POR S // V DVON, 1684”. Ten un varal octogonal que comenza e remata en cadrado e cunha imaxe ós dous terzos do varal pola parte do reverso. O capitel é troncopiramidal invertido con volutas e follas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos en chafrán e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas. O seu pano de pureza vai sen nós. Polo reverso da cruz fica a Virxe coroada co Neno á súa esquerda. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación e ben sendo un Ben de Interese Cultural (BIC) dado que por lei tódo-los cruceiros de máis de cen anos son declarados así.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.892338317Lonxitude: -8.49164173007
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Comisión Festas Bando says:
Xan 16, 2017
Boas:
Na páxina de Facebook da Comisión de Festas de Bando indicamos que a inscrición deste cruceiro é a seguinte:
ESTE CRUCER
O IϾ ANT CRA I
SV MVGR POR S
V ÐVON I684
ESTE CRUCERO LO HIZO ANTONIO GARCÍA Y SU MUJER POR SU DEVOCIÓN, 1684
ESTE CRUCEIRO FÍXOO ANTÓN GARCÍA E A SÚA MULLER POLA SÚA DEVOCIÓN, 1684
Un saúdo