Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago + San Lázaro
Lugar: San Lázaro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A reforma do hospital de San Lázaro no ano 1882 tivo como consecuencia a construción dun novo templo, que devolvese á capela de San Lázaro fundada, no ano 1149, á súa situación xunto ó Camiño Francés, non conservando máis que a cruz antefixa que coroa o testeiro do campanario. O proxecto foi promovido por Enrique Campos, párroco da Real Colexiata de Santa maría do Sar, e executado por Fernando Ragel e López de Rego en 1924. A igrexa foi consagrada en 1927.
De estilo ecléctico, concebíuse como unha igrexa dunha soa nave, con presbiterio recto, lixeiramente elevado sobre o nivel do chán, sancristía posterior e porta lateral de acceso directo á nave. Esta estaría sostida por arcos apuntados; estes e mailas súas bóvedas, realizadas en formigón armado, cargan sobre os seus contrafortes dispostos nos muros laterais.
En conxunto pódese difinir como unha interpretación neogótica dun edificio relixioso, como o reflicten as grandes xanelas apuntadas que esguizan cada un dos tramos da nave e a forma, tamén apuntada da súa portada. Porta alintelada con tragaluz sobre a que segue a liña dunha oxiva. Por enriba da liña apuntada da porta moldúrase un notábel semicírculo como de arco cego de medio punto. A espadana é de carácter rexionalista, con dous arcos de medio punto e un óculo intermedio coroado pola cruz antefixa da antiga igrexa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND,J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Santiago de Compostela”. Vol. XI; Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca011.pdf
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca012.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.8866383469
Lonxitude: -8.51996988058
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84