Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: Santiago de Compostela
Lugar: Paseo da Alameda
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
A capela foi fundada polo cóengo compostelán Don Juán Sánchez Vaamonde, que solicitou a licencia do concello no ano 1703. Non obstante, a obra non se debeu iniciar de forma inmediata, posto que non foi consagrada ata 1717.
Igrexa de planta de cruz latina, cunha única nave, testeiro recto e sancristía posterior. O seu interior articúlase a partir dunha cornixa voada sobre a que descargan os seus empuxes os arcos faixóns da bóveda de canón. A súa iluminación procede de dous grandes vans abertos no cruceiro cunha forma, un círculo dividido por dous diámetros en cruz e inscrito nun semicírculo.
A súa fachada, moito máis coidada desde un punto de vista ornamental, está flanqueada por dúas altas torres campanario. O corpo inferior destas, animado por dúas pequenas ventás cadradas con marco quebrado en resalte, presenta cadanseus chafráns nas súas esquinas interiores, co obxecto de amplia-lo campo visual da portada. O seu segundo corpo asenta sobre un friso sinxelo que, á súa vez, pesa sobre pequenas ménsulas de perfil rectangular. En cada lado desas torres ábrese un arco de medio punto entre pilastras caixeadas que sosteñen un novo friso do que arranca unha lanterna octogonal co seu correspondente tambor. As esquinas da planta cuadrangular destas torres rematan cun triple pináculo de bóla. O pano central presenta unha articulación totalmente diferente, pero unitaria, posto que atrasa a súa liña de fachada en relación coas torres. En altura distínguese o corpo da portada, unha ventá cadrada enmarcada por un groso bocelón quebrado nas súas esquinas e o escudo do seu fundador. Este péchase cun frontón curvo fracturado, sobre o que se situou unha cruz flanqueada por dous pináculos de bóla.
A portada concíbese como unha estructura enmarcada por pilastras toscanas de fuste afundido, unidas por un friso sobre o que se repite o motivo dos pináculos piramidais. O seu pano central estaría encadrada por un bocélon curvo, e unha fornela, a modo de pavillón, delimitada polo mesmo tipo de pilastra toscana e volutas. As pendentes formadas polo arco de medio punto do nicho reciben unha substanciosa decoración vexetal. Como eco do frontón que pecha a fachada, a portada volve a rematarse como un frontón curvo quebrado.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Santiago de Compostela”. Vol.XI. Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SANTIAGODECOMPOSTELA/documents/26242ca002.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.8764142229Lonxitude: -8.548361063
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84