Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: O Hío (Santo André)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

A Igrexa de Santo André do Hio, modificada en 1788, conserva da súa primitiva fábrica románica do século XII os muros da nave máis a súa interesante portada principal. Ten unha única nave cuberta con bóveda de canón. Exteriormente, unha liña de imposta percorre a portada dividíndoa en dous corpos, quedando no inferior a portada de acceso ao templo con arcos semicirculares sustentados por columnas. No tímpano aparece unha grande cruz de Santo André e dúas pequenas figuras aos seus lados. Sobresae tamén a colección de carronciños decorados con graciosas figuras que se dispoñen ao longo do aleiro. Culmina a fachada principal cunha típica torre-espadaña con vans semicirculares.
Santo André de Hío é unha igrexa moi interesante pola súa antigüidade. A igrexa é un compendio de moitos e variados estilos resultado das alteracións e modificacións que sufriu ao longo da súa historia. Do Románico mantén a decoración da fachada, os canalóns do tellado e a súa planta de cruz latina. O interior presenta bóvedas de aresta góticas combinadas coas barrocas de casetóns- no cruceiro e na capela maior- que nos recordan a San Martín Pinario en Santiago de Compostela. 
A súa orixe románico pode descubrirse aínda hoxe na súa portada. Presenta unha estrutura abucinada que se acentúa mediante dúas arquivoltas de medio punto de dobre bocel apoiadas nunha imposta. Os capiteis son de decoración vexetal excepto un con talla de lazos. Os fustes das columnas son lisos, con bases toscanas. A arquivolta exterior, que pecha o conxunto, ten forma de banda de pequenos boceles con decoración de billetes en aresta.
O tímpano centra todo o noso interese tendo en conta o motivo representado: a X de Xristus. A ambos os dous lados desta, figuras de nenos sostendo un libro ou instrumentos.
Os motivos dos canalóns son idénticos aos de Santa María de Cela.


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CANGAS/documents/0745CA003.pdf

https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2020/01/16/ampliacion-da-igrexa-parroquial-do/2231651.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2700111248
Lonxitude: -8.82908374071
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84