Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: O Hío (Santo André)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro situado no adro da igrexa parroquial do Hío. Construído nun só bloque de pedra, mostra unha excelente labra e unha rica ornamentación. Toda a obra está impregnada dun exacerbado simbolismo iconográfico, dende a basa coas ánimas do purgatorio, o fuste destinado á expulsión do Paraíso de Adán e Eva, ata a Cruz, coa representación do Descendemento. Esta escena, cargada de dramatismo, acolle as figuras de Cristo con dous homes, un a cada lado da Cruz, Madalena, Nicodemo, Xoán de Arimatea, San Xoán e a Virxe María. Todo o conxunto é obra do escultor pontevedrés Ignacio Cerviño quen o levaría a cabo cara ao ano 1872.
O retablo das ánimas é de tipo pechado coas figuras en pedra, que representan a Virxe do Carme cun grupo de cinco almiñas. Na parte esquerda aparece o Paraíso coas figuras de Adán e Eva, ademáis da Árbore do Ben e do Mal; na parte dereita podemos ver o Limbo dos Xustos.

Na parte media do varal aparece a seguinte inscrición:
“CONCEDIO 100 DIAS DE INDULGENCIAS (ilexible)
D. MIGUEL GARCIA CUESTA (ilexible)”
No medallón da base do lado dereito outra inscrición que di:
“FUE ECHA ESTA OBRA SIENDO ABAD D. JUAN ALVAREZ Y MAYORDOMO DEL SS SACRAMENTO D. FRANCISCOMONTERO (ilexible)”

A escultura é marcadamente barroca polo aire teatral que lle imprime o autor aos seus conxuntos.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CANGAS/documents/0745CA003.pdf
http://gl.wikipedia.org/wiki/Cruceiro_do_H%C3%ADo
https://www.tabeirosmontes.com/novas/aproximacion-a-vida-e-obra-de-ignacio-cervino
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2015/11/cruceiro-de-hio-cangas.html
https://cruceirosdegalicia.xyz/3600801.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
EIROÁ HERMO, Eugenio. (2010). MÁS SOBRE EL VERDADERO AUTOR DEL CRUCEIRO DE HÍO “Desfaciendo entuertos”. “Actas do IIº Congreso Galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.

CASBELLA, Xan e CASARES, Amparo. (2010). Cruceiros y entornos. Actas do IIº Congreso galego sobre “Cruceiros e cruces de pedra”. Editor: E F. de la Cigoña.

COSTAS VILLAR, Inés. ESTUDIO ICONOGRÁFICO DE LOS CRUCEIROS DE CANGAS DO MORRAZO A PARTIR DEL CRUCEIRO DE HÍO. Traballo de Fin de Grao 2019. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/36/36008/TFG/TFG.pdf)

FOTOGRAMETRÍAS

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O cruceiro sofre importantes crecementos de liques que colonizan amplas zonas.
Sufriu tamén o trato irrespectuoso dos turistas, que chegaron a romper algunha das figuras, que tiveron que ser reparadas ou substituídas nas diferentes intervencións que se fixeron.


Onde está localizado

Latitude: 42.2701709002
Lonxitude: -8.82948204875
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84