Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: Aldán (San Cibrán)
Lugar: San Cibrán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Palacete-castelo situado nun enclave estratégico de paso e comunicación costeira entre Bueu e Cangas. A existencia de sarcófagos suevos no outeiro adyacente, presume o seu posible uso militar con anterioridade, nos séculos V e VI.
O Pazo atopa integrado no núcleo urbano de Aldán e posúe cara á súa parte posterior un terreo de mediana extensión dedicada ao cultivo.
O acceso eféctuase a través dun portalón na rúa lateral de acceso ao núcleo e á igrexa. Desemboca nun patio de medianas dimensións, dende o que nacen dúas escalinatas que dan a unha solaina, dende a que se produce ao acceso ao interior da edificación. A fachada oposta a esta, de grande austeridade posúe ocos rectangulares. A fachada que dá ao camiño é opaca, con poucos ocos, e a esquina remata en forma de torre con ameas e pináculos. Así mesmo posúe un escudo de armas.
A Casa Torre de Aldán pertencente aos Condes de Canalexas, grandes terratenentes da Comarca, contaba cunha das extensións máis amplas e fermosas da Península do Morrazo, hoxe en día de titularidade pública.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CANGAS/documents/0745CA003.pdf
http://pescuda.blogspot.com.es/2014/11/sobre-cama-do-demo-e-antiga-torre-de.html#more


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2788388514
Lonxitude: -8.8153347373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84