
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Baña / A Barcala (comarca)
Parroquia: Fiopáns (San Pedro)
Lugar: Fiopáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O cruceiro ten base de forma cúbica con adornos de molduras nas arestas superiores, sobre unha plataforma de pedra que está a rentes do chan. O capitel de sección octogonal, agás no comezo e no remate que vai cadrada. Capitel sinxelo no que apousenta unha cruz sen figuración de sección octogonal e de brazos con remates cuarteados. A carón del vai unha mesa de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ABANA/documents/0054CA007.pdf
( pax 8 )
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.9302850512Lonxitude: -8.6970949173
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Se estiveches nel, valora o estado deste Ben Cultural (é importante):






6 comentarios
lansbricae says:
Mar 18, 2016
Na base do cruceiro pódese ler “LO DIO D PEDRO TOXO DE CASTRO RETOR DE ESTA FRA AÑO DE 1776″.
Segundo me informou o veciño José Pérez Turnes este párroco D Pedro Toxo de Castro consta en varios documentos como doante de varios cálices á parroquia, documentos datados na década seguinte á gravada no cruceiro.
lansbricae says:
Mar 18, 2016
2
lansbricae says:
Mar 18, 2016
3
lansbricae says:
Mar 18, 2016
4
adela suma says:
Xul 10, 2016
Os cruceiros de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”;
ademáis, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español;
así o recoñece e garante a Lei 5/2016, de 4 de mayo, do patrimonio cultural de Galicia.
Enlaces:
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_es.html
Oscar Franco says:
Dec 7, 2022
Engado a seguinte referencia web sobre este cruceiro:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1500705.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
MARTÍN RUIZ, Luis. (1999). Cruceiros na provincia da Coruña. Ed: Deputación da Coruña.