Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa Comba de Carmota
Lugar: As Laxiñas-Mallou (C.M.V.M.C. Mallou-Maceiras)
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Os petróglifos das Laxiñas, como ben escribiu José Cernadas no seu libro “Gravados Rupestres nos Montes de Carnota” son un dos máis espectaculares do concello. Os gravados están espallados por varias das grandes laxes que compoñen esta formación rochosa, as cales teñen unha pendente media dun 20% dirección norte. Os máis visíbeis son as da parte central, ocupando unha superficie de 6 x 3`50 m. Están compostos na súa maioría por combinacións circulares, destacando na parte superior da laxe varias delas unidas, as de maior tamaño de 80, 68 e 54 cm de diámetro, con varios trazos radiais, algúns prolongados ó exterior. Pódense contar arredor de 18 combinacións circulares máis ou menos completas, catro delas están combinadas cun par de rebaixes cuadrangulares, similares ós existentes noutras estacións da contorna. Destaca tamén pola súa importancia unha representación dunha arma, tipo puñal ou espada curta, de 70 cm de lonxitude e 15 cm de ancho, unidas por un trazo as combinacións de maior tamaño. O resto dos gravados está composto por varios conxuntos de pequenas coviñas, así como partes de trazos xa case inapreciábeis. O tamaño do suco nas combinacións meirandes é de 2`5 a 3 X 1 cm. de profundidade. O desgaste do suco é maior nos gravados máis ó leste, por onde baixa a auga durante o inverno.
A carón desta laxe polo bordo Oeste, apenas separada por unha franxa de herba, sitúase unha laxe similar á anterior, aínda que con menos gravados. Están compostos por varias combinacións circulares de tamaño medio, contándose uns 11 máis ou menos completos, e de 4 delas saen varios trazos radiais prolongados ó exterior ata 3 metros de lonxitude e que se xunta na parte baixa da laxe tendo un suco máis profundo que o resto dos gravados.
Destaca na parte central da laxe unha representación de 2 animais unidos de costas, de 60 cm de lonxitude total.
Tres metros máis abaixo e tamén por arriba aparecen máis combinacións circulares e circos con coviñas. Destaca unha representación dunha forma de cilindro de 28 x 12 cm, que podería tratarse dunha representación ídolo-cilindro, máis habitual noutras estacións rupestres galegas.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15020041
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-CERNADAS SANDE, J.: “Gravados rupestres nos montes de Carnota”. tresCtres editores. Santa Comba 2008.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: SiNon
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.799328982
Lonxitude: -9.09317135811
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84