
Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Carnota
Parroquia: Santa María de Lira
Lugar: Rúa da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Fonte de “cabaliño” tradicional galego, realizada integramente con pezas de cantería. Esta apegada a un muro de peche dunha finca, situada a maior altura, onde estará a mina ou manancial. Componse dun frontis rectangular liso, no que se destaca lixeiramente a liña imposta, rematándose cun alto frontón triangular coas beiras cóncavas, prolongadas cara ó exterior como grandes aleróns. No cume, un basamento troncopiramidal que soporta unha cruz cuadrangular cos brazos en chafrán. O único cano co que conta sitúase na parte baixa, deixando cae-la auga nunha pía rectangular de recente construción.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son”. Vol III. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.7989452133Lonxitude: -9.12561267614
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84