Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: -- / Punxín / San Amaro
Parroquia: San Cibrán de Las / San Xoán de Ourantes
Lugar: A Cidade
Outra denominación do ben: Castro de San Cibrao de Las
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Importante castro da Idade do Ferro, romanizado con posterioridade. Situado no límite dos concellos ourensáns de San Amaro e Punxín, ocupa unha superficie aproximada de 9 hectáreas e está formado por dous recintos amurallados de planta ovalada, reforzados por outra muralla máis exterior polas ladeiras meridional e occidental. Foi escavado en diversas ocasións, dende os anos vinte do século pasado, aparecendo moita cerámica e escorias de fundición. Os espazos de habitación parecen estar distribuídos en barrios, convivindo casas circulares con espazos rectangulares, moitos deles coas esquinas redondeadas. É de salientar a obra de drenaxe, cun incipiente alcantarillado que evitaba a acumulación de augas pluviais. Apareceron dous alxibes, un deles monumental, de planta ovalada e con escaleiras de pedra ata o fondo. Tamén son importantes os achádegos con inscrición, unha delas nunha peneda (IOVI).
Na aldea de Eiras existe un ara adicada a BANDUA onde aparece o locativo LAMBRICAE. Moitos autores supoñen que o devandito topónimo se refire á citania das Las e Ourantes, aínda que a lectura máis coñecida da ara e LANSBRIGAE. Se consideramos que a ara contén o topónimo da citania, necesariamente temos que pensar que “A Cidade”, como aínda hoxe lle chaman os veciños dos arredores, sería LÁMBRICA.
A súa situación, non lonxe do río Miño (3 quilómetros), a onde chegaba unha calzada empedrada ó lugar da Barca de Barbantes, convirte ao xacemento nun lugar idóneo para o comercio por vía fluvial cara o Atlántico. O inmediato monte do Santrocado, que contén outro pequeno castro na súa cima e que tivo un xacemento mineiro e un santuario romano nas súas ladeiras meridionais, tivo por forza que estar unido á citania de Lámbrica. Coñécense nos arredores outros pequenos castreliños, orixe das aldeas actuais: Eiras, Castro Martiño, Outeiro de Beariz. Pero a influencia de Lámbrica debeu chegar ata moi cerca do actual Carballiño, onde foron explotadas as riquezas auríferas, estanníferas e férricas do interior dos seus montes. Así, no Puzo do Lago (Maside) e nas ladeiras meridionais do Monte do Santrocado quedaron restos destas explotacións mineiras que a microtoponimia (grovas) denuncia en máis dunha ocasión.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Da citania de Lámbrica procede unha variada relación de obxectos de adorno feitos en bronce: alfinetes, prendedores de pelo, colgantes, fíbulas e fibulas, predominando as de tipo omega. Tamén apareceron moedas de bronce de diversas épocas, e armas, concretamente algunhas espadas de ferro fragmentadas. Pero o máis abundante son os muíños circulares de granito e os restos de cerámica.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia Meridional Romana. Universidad de Deusto. 1977.
CHAMOSO LAMAS, M.: Excavaciones en la citania de San Cibrao das Las y en el poblado y explotación minera de oro de la época prerromana de Barbantes (Orense). N. A. H: III-IV, cuads. 1-3, pp. 114 y ss.
RODRÍGUEZ CAO, C.; XUSTO RODRÍGUEZ, M. e FARIÑA BUSTO, F.: A Cidade. San Cibrán de Lás. Colección Guías do Patrimonio Cultural. Grupo Marcelo Macías. Fundación Caixa Galicia, 1992. ISBN 84-88522-00-2
FARIÑA BUSTO, F. e FERNÁNDEZ BAL, M.L.: “A Cidade de San Cibrán de Lás (San Amaro-Punxín, Ourense)”, en Arqueoloxía-Informes, 1. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.
FARIÑA BUSTO, F. e XUSTO RODRÍGUEZ, M.: “Coto de San Trocado (San Amaro-Punxín, Ourense)”, en Arqueoloxía-Informes 2. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: La civilización céltica en Galicia (1953).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.357655975371Lonxitude: -8.0298042297363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
6 comentarios
Oscar Franco says:
Xuñ 8, 2016
O castro volve ser noticia. A Consellería de Cultura convoca concurso público para adxudicar as novas excavacións:
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/cultura-reanuda-excavaciones-castro/20160607092156626859.html
Oscar Franco says:
Set 26, 2016
A prensa escrita do 23 de setembro de 2016 recolle a noticia da volta ao traballo arqueolóxico neste castro:
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/arqueologos-vuelven-castro-san-cibrao/20160923124406651158.html
Oscar Franco says:
Out 7, 2016
Hoxe na prensa escrita do 7 de outubro de 2016:
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/arqueologos-descubren-primer-barrio-completo/20161007073537654402.html
Oscar Franco says:
Out 31, 2016
O castro de San Cibrao de Las volve dar sorpresas. Desta vez unha escultura en granito, que representa unha cara, e que os expertos sitúan no século II antes de Cristo.
A noticia foi recollida en diferentes medios de comunicación:
http://historiadegalicia.gal/2016/10/atopan-outra-cabeza-castrexa-en-san-cibrao-de-las/
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/localizada-escultura-siglo-ii-antes-cristo-castro/20161029080715659594.html
Oscar Franco says:
Xuñ 22, 2018
http://www.laregion.es/articulo/o-carballinho/xunta-recurre-sentencia-castro-san-cibran/20180619093201802588.html
Felisindo says:
Nov 16, 2018
Viaxe a Lámbrica: https://youtu.be/Dy8s2MauHf4