Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: -- / Punxín / San Amaro
Parroquia: San Cibrán de Las / San Xoán de Ourantes
Lugar: A Cidade
Outra denominación do ben: Castro de San Cibrao de Las
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

Importante castro da Idade do Ferro, romanizado con posterioridade. Situado no límite dos concellos ourensáns de San Amaro e Punxín, ocupa unha superficie aproximada de 9 hectáreas e está formado por dous recintos amurallados de planta ovalada, reforzados por outra muralla máis exterior polas ladeiras meridional e occidental. Foi escavado en diversas ocasións, dende os anos vinte do século pasado, aparecendo moita cerámica e escorias de fundición. Os espazos de habitación parecen estar distribuídos en barrios, convivindo casas circulares con espazos rectangulares, moitos deles coas esquinas redondeadas. É de salientar a obra de drenaxe, cun incipiente alcantarillado que evitaba a acumulación de augas pluviais. Apareceron dous alxibes, un deles monumental, de planta ovalada e con escaleiras de pedra ata o fondo. Tamén son importantes os achádegos con inscrición, unha delas nunha peneda (IOVI).
Na aldea de Eiras existe un ara adicada a BANDUA onde aparece o locativo LAMBRICAE. Moitos autores supoñen que o devandito topónimo se refire á citania das Las e Ourantes, aínda que a lectura máis coñecida da ara e LANSBRIGAE. Se consideramos que a ara contén o topónimo da citania, necesariamente temos que pensar que “A Cidade”, como aínda hoxe lle chaman os veciños dos arredores, sería LÁMBRICA.
A súa situación, non lonxe do río Miño (3 quilómetros), a onde chegaba unha calzada empedrada ó lugar da Barca de Barbantes, convirte ao xacemento nun lugar idóneo para o comercio por vía fluvial cara o Atlántico. O inmediato monte do Santrocado, que contén outro pequeno castro na súa cima e que tivo un xacemento mineiro e un santuario romano nas súas ladeiras meridionais, tivo por forza que estar unido á citania de Lámbrica. Coñécense nos arredores outros pequenos castreliños, orixe das aldeas actuais: Eiras, Castro Martiño, Outeiro de Beariz. Pero a influencia de Lámbrica debeu chegar ata moi cerca do actual Carballiño, onde foron explotadas as riquezas auríferas, estanníferas e férricas do interior dos seus montes. Así, no Puzo do Lago (Maside) e nas ladeiras meridionais do Monte do Santrocado quedaron restos destas explotacións mineiras que a microtoponimia (grovas) denuncia en máis dunha ocasión.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:

Da citania de Lámbrica procede unha variada relación de obxectos de adorno feitos en bronce: alfinetes, prendedores de pelo, colgantes, fíbulas e fibulas, predominando as de tipo omega. Tamén apareceron moedas de bronce de diversas épocas, e armas, concretamente algunhas espadas de ferro fragmentadas. Pero o máis abundante son os muíños circulares de granito e os restos de cerámica.


Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

RODRÍGUEZ COLMENERO, A.: Galicia Meridional Romana. Universidad de Deusto. 1977.
CHAMOSO LAMAS, M.: Excavaciones en la citania de San Cibrao das Las y en el poblado y explotación minera de oro de la época prerromana de Barbantes (Orense). N. A. H: III-IV, cuads. 1-3, pp. 114 y ss.
RODRÍGUEZ CAO, C.; XUSTO RODRÍGUEZ, M. e FARIÑA BUSTO, F.: A Cidade. San Cibrán de Lás. Colección Guías do Patrimonio Cultural. Grupo Marcelo Macías. Fundación Caixa Galicia, 1992. ISBN 84-88522-00-2
FARIÑA BUSTO, F. e FERNÁNDEZ BAL, M.L.: “A Cidade de San Cibrán de Lás (San Amaro-Punxín, Ourense)”, en Arqueoloxía-Informes, 1. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1989.
FARIÑA BUSTO, F. e XUSTO RODRÍGUEZ, M.: “Coto de San Trocado (San Amaro-Punxín, Ourense)”, en Arqueoloxía-Informes 2. Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1991.
LÓPEZ CUEVILLAS, F.: La civilización céltica en Galicia (1953).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Descrición de Lámbrica


Onde está localizado

Latitude: 42.357655975371
Lonxitude: -8.0298042297363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84