Outra fotografía:

Tipo de ben: Recinto ferial,
Concello: Agolada
Parroquia: San Pedro de Ferreiroa
Lugar: Agolada
Outra denominación do ben: Recinto Feiral
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

“OS Pendellos”, utilizáronse para as feiras dende a súa orixe, mais ben habería que dicir que a vila xurdiu o redor da feira, que nun principio celebrábase nas brañas do Farelo, e que se trasladou ás terras de máis arriba por resultar aquelas barrentas de mais.
Nacen como lugar de garde, refuxio e vivendas, tanto das bestas como das persoas, que chegaban de puntos moi dispares o día anterior, e pasaban a noite neles, agardando pola feira do día seguinte, “O Doce”
Os pendellos foran construccións humildes, que cumprían a función para a que foron deseñados a perfección. Así podemos distinguir os Pendellos expositores, cos mostradores de mamposteria para a exhibición dos productos do campo, a cuberto do sol e chuvia. Os Pendellos comedor, para chantar a resgardo, no recinto dos Pendellos había oito. Nos días de Feira, os propietarios constituíanse en hostaleiros. Cada quen levaba o polbo comprado as polbeiras dos caldeiros de cobre de Carballiño, fundamentalmente. A comida facíase, co polbo, a carne o caldeiro, o pan, as patacas ou cachelos, viño, café e agárdente, caña da casa.
O interior era un pequeno recanto no que se albergaba a lareira, o resto se ocupaba cas mesas e bancos de madeira moi tosca e rudimentaria.
Os casetos, e pendellos almacén, para o gando, e mesmo co paso do tempo, as vivendas, que ían servir de pousada e albergues.
Así podemos contemplar hoxe, os de dous pisos, nos que na parte baixa durmían e gardábanse as bestas, e no piso de arriba as persoas.
Estas edificacións pertencían as familias xeralmente mais acomodades e de recursos económicos por riba da media.
En xeral son edificacións moi rústicas en pedra, madeira e tella, de uns vinte metros, e dos metros como moito de alto. Moitos deles, cun murete rematado nunha lousa de granito, nos que se colocaban os mercadores.
A súa orixes pódese datar sen medo o erro, no século XVIII, hoxe ben de interese cultural e espacio protexido, en período de rehabilitación e recuperación, que acabou ca progresiva desaparición de moitos deles nos anos sesenta do século pasado, afortunadamente, aínda que hoxe en día so podemos contemplar no mais dun tercio do total do que no seus mellores días foron, e que albergaban unha das mais importantes feiras de toda Galicia.

Compre subliñar que este conxunto único, ten un valor social, histórico, cultural e arquitectónica inapreciable, patrimonio popular irepetible, que foi declarado pola Xunta de Galicia no ano 1985 “Conxunto historico-artistico . Na actualidade e trala intervención da Deputación de Pontevedra, a maioría deles, son de propiedade publica, aínda que algún continúan en mans privadas.

O valor da Feira de Agolada non radica nesta o u naquela pedra granítica, senón que constitúe un dos poucos exemplos que se conservan en toda Europa dos antigos mercados, case intacto.
Un monumento desta categoría, pola súa rareza, polo seu caracter social, e incluso polo seu atractivo ten que ser conservado na súa integridade e restaurado en todo aquelo que recentemente teña sido adulterado……
Declaración da Delegación Provincial de Belas Artes. Pontevedra 1970.
Este conxunto arquitectónico data do século XVIII, e durante mais de douscentos anos acolleu unha das feiras mais concorridas e importante da Galicia interior.
É sen dúbida un dos mais sobranceiros espacios etnográficos que aínda quedan en pé, e o seu recoñecemento chegaría no ano 1985 coa declaración de Monumento Histórico-Artistico.

Na actualidade e grazas ao traballo de asociacións culturais , como a de Amigos dos Pendellos de Agolada, este recinto feira, aínda que infravalorado e sen recuperar totalmente, a pesar da existencia dunha actuación conxunta da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, acolle mostras de Artesanía, festas populares, e actos culturais, para o que o recinto se presta como un marco incomparable.
Tal e como escribe o profesor D.Manuel Caamaño Suarez, no seu estudio sobre arquitectura popular de Galicia, ao analizar os recintos de Feira; A vida dos galegos estivo sempre moi vencellada ó rural…Alá polos remotos tempos medievais naceron as feiras, e para isto creáronse espazos públicos en que periodicamente eran obxecto de venda e troco as produccións sobrantes de que dispoñía o labrego”.
Os pendellos de Agolada, encádranse dentro do carácter de recinto permanente ou fixo, xurdindo de forma espontánea aparentemente.
As edificacións a modo de alpendre, fóronse agregando unhas a outras, tendo bo coidado ao distribuílas no terreo de que quedaran espazos de circulación ou entrerrúas para que os feirantes puideran camiñar por elas, mercar, observar e botar unha ollada ás mercadorías expostas nos mostradores, e pendellos expositores.

Entrada ao recinto dende a praza. Antes da rehabilitación actual.

A planta é rectangular, e a lonxitude varia entre os oito e vinte metros, e cunha anchura de ente dous e catro metros. A construcción é moi simple con muros de cachotería na parede do fondo en nos laterais cun grosos de 50-70 cms. en pedra granítica.
A cuberta, con unha ou dúas vertentes, vai tellada con tella ou lousado, sobre unha elemental estructura de madeira que se apoia no muro do fondo e nos esteos.
No seu interior leva un banco ou expositor, feito con muretes de 50 cms. De alto coroados cunha lousa de granito ou xisto para exposición da mercadoría dos zoqueiros, ferreiros, latoeiros, panadeiros, etc.. que fai de separación do espacio exterior por onde circula a xente; na parte oposta hai un estante arrimado ao muro, da mesma configuración que a do mostrador.
Ata non hai moitos anos, o espazo arquitectónico feiral era un dos de maiores dimensións que se mantiña conservado. Desafortunadas actuacións urbanísticas, destruíron arredor do 70% da súa totalidade.
A destrucción da rúa central, “a rúa da Parranda”, foi unha das maiores desfeitas cometidas por mor do progreso ao carón das novas tendencias arquitectónicas deste Pais noso. Asemade, outra gran parte do mercado, destruíuse por mor da ampliación da praza, e a construcción do novo Concello.

Vista dos pendellos expositores, no interior. Muretes e columnas en pedra.

Na actualidade, o recinto que queda en pé acolle vivendas con pendellos achegados, pendellos para exposición e venda, pendellos destinados a comedores, dependencias de almacenaxe e cortes para o gando. Conta, ademais, cunha capela- A das Virtudes, xa afortunadamente restaurada.
O material granítico, dominante na meirande parte dos elementos constructivos (esteos, muretes-mostradores e muros de carga), en pezas de rudimentario traballo, complementado coa madeira en compartimentacións, cerres diversos e armazón da cuberta, rematada en tella, continúan como primitivamente, caracterizando os pendellos totalmente coa súa fasquia orixinal.
Agolada naceu nunha encrucillada de camiños. Xa no século XVI contaba cunha pousada asentada nesta encrucillada. No ano 1788 aparece a primeira noticia escrita sobre a feira, que ao parecer celebrábase nos “Chaos de Aián, nas Trabancas, e que se trasladou por mor da mellor comunicación que no ano 1847 con nove veciños e corenta e sete almas, tiña a aldea de Agolada.
Agolada, quizais non naceu da Feira, pero si medrou con ela, e cos Pendellos.

Os pendellos ambientados durante a filmación dunha película de época.

Pendellos Expositores.- Moitos deles, alugábanse aos comerciantes, que case sempre ocupaban os mesmos sitios, e que expoñían as mercadorías sobre as pedras e estantes, a cuberto da chuvia e o sol, os días de feira, o día doce de cada mes, tal e como se fai hoxe.
Pendellos Comedor.- So se usaban os días de feira, para xantar o polbo que cada quen levaba das caldeiras de cobre dos polbeiros, que viñan as feiras, e que xunto coa carne ao caldeiro, o pan e as patacas, e por suposto o viño da casa, eran desgustados neste recintos moi sinxelos, ocupados polos bancos de madeira e mesas, tóscamente montados.
O pendellos estaba construído en pedra, con tellado de tella curva de arxila, colocada sobre doela de castiñeiro, e de muros practicamente cegos, a nos e unha pequena abertura que se practicaba nun dos muros, a xeito de fiestra, e cun enreixado de barrotes de madeira que protexían do ventimperio e deixaban pasar a luz.
Casetas .-Eran construídas polos labregos das parroquias veciñas que tiñan por norma acudir as feiras, para gardar nelas o que viñan vender, ou para almacenar as compras, mesmo para comer e gardarse nelas.
Son casetos de planta cadrada, ou rectangular, en pedra e tellado de arxila.
As casas vivenda.- Que tamén xurdiron no propio recinto, rodeadas de pendellos expositores estaban habitadas, e nalgún caso continuaron sendo vivenda principal ata o 1970.
Este monumento, dende logo o mais importante e característico de Agolada, suscita no visitante un agradable impacto que o traslada ao pasado e sorpréndeo coa impresión do non visto, por estar nun espacio único e irrepetible.
Un conxunto etnográfico sinxelo, uniforme na harmonía co entorno e extensión do recinto, a singularidade das construcción, e a diversidade delas, que sorprende gratamente ao visitante manifestación autentica, sempre como valor singular, patrimonio a defender.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-A Comarca do Deza
Armando Vazquez Crespo y Daniel Glez.Arean.

-Guía do Deza
Luis Couto Lorenzo

-Reseña Histórica del Condado de Deza
Francisco Vilariño

-Arqueoloxía de Galicia
Xulio Carballo Arceo

-Descubrindo Deza
Anuario de Estudios e Investigación n.9

-As Construcción de arquitectura popular
Manuel Caamaño Suarez

-Pazos y Moradas Fidalgas Do Deza
Cesar Gomez Buxan
Francisco Rubia Alejos.

-A Tribo Sabe
Tal era vivir
A Memoria do Boi……..Ed. Xerais. XOSE VAZQUEZ PINTOR.

-Manual da Deputación de Pontevedra.-“A Comarca do Deza”

-Os Pendellos na Prensa.

-El Ideal Pueblo.- Xulio Valcarce -Domingo 12/12/2004.. ”De Pendellos e Oficios”.

-Xose Lois Garcia.-Galicia Hoxe, 7/09/04. “Os Pendellos de Agolada”

-Xosé Vázquez Pintor.-“Aqueles Pendellos”.A Voz de Galicia.

-Francisco Rozados. Rochi- A Balada do Candàn. “Os Pendellos D’Agolada.

-Valentin Arias. El Progreso24/11/04—Reutilizacion de Espazos.

-Redacción a Voz de Galicia, 28/02/03..”Lo moderno es rehabilitar”

-Faro de Vigo. Suplemento sobre Agolada…”La memoria de la piedra”. Enero 2005.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Actualmente en fase de rehabilitación.


Onde está localizado

Latitude: 42.76264962936343
Lonxitude: -8.018313646316528
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84