Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Salvaterra (San Lourenzo)
Lugar: Castelo, O
Outra denominación do ben: Capela da Virxe da Oliva
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

No século XVII, a vila de Salvaterra foi a clave na contenda hispano-lusa, e estivo en mans dos portugueses durante dezaseis anos ata que foi recuperada polo Marqués de Viana. Recordo da ocupación portuguesa deste período é a capela da Virxe da Oliva.
Esta capela é a porta de acceso ao recinto amurallado e ten polo lado que dá ao interior da praza un curioso oratorio de tradicional usanza no país veciño.
Realizada en sillares pétreos ben asentados, a súa planta é rectangular e cuberta de tella árabe a varias vertentes.
O frontal de pedra da porta conserva na parte superior un sitio de tres escudos, que aínda que borrados na súa peza central, conserva as coroas e a cruz simbólica portuguesa. O conxunto remata cun frontón e tres pináculos con bólas esféricas.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/SALVATERRADEMINO/documents/0922CA015.pdf (Páxina 1)
http://www.maiv.org/upd/archivos_editor/file/diagnosticoterritorio/TjrqEOVAwL4p2MhIyuvxKy2qImuMS6.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0802305315
Lonxitude: -8.49643617868
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84