Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cee
Parroquia: San Xián de Pereiriña
Lugar: Cemiterio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo De Crucifixo cunha pilastra que lle serve de plataforma e cun pedestal cuadrangular. O varal é octogonal comezando en cadrado liso. Ten un capitel octogonal moldurado que remata en cadrado que soporta unha cruz circular, leñosa con nós. Polo seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans pechadas. Inclina a cabeza cara á esquerda cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Non ten imaxe polo seu reverso. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación e posiblemente datado do ano 1932.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol.I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA001.pdf
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/CEE/documents/0118CA003.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.9927907074
Lonxitude: -9.19148504734
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84