Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Mañón / Ortegal (comarca)
Parroquia: Bares (Santa María)
Lugar: Faro de Estaca de Bares. O
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Conxunto de Muíños de auga de tipo canle e encadeados entre si que aproveitan a forte pendente do cantil cara o mar. Teñen planta rectangular e dúas alturas , na de embaixo como é habitual nestas construcións está o inferno, parte do muíño onde esta situado o rodicio. Algún deles téñeno de madeira e outros de metal, pero debido ao seu mal estado non se poden apreciar moi ben. Na parte superior está a moa de moer o gran. As canles están feitas de laxes verticais e cun gran reforzo de cachotaría para contrarrestar a presión da auga, o que fai que se vexa como un espectacular muro alombado enriba delas. Hai dous grupos de muíños nesta contorna, dos que estamos a falar están ao lado do Observatorio de Aves de Bares e da Base Americana hoxe abandonada, (mal marcada como estación ornitolóxica no mapa de situación). Outros en mellor estado están no sitio chamado Campo Torto ao oeste da Vila de Bares.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Información do Lic Estaca de Bares onde están situados http://www.medioruralemar.xunta.es/areas/conservacion_da_natureza/espazos_protexidos/rede_galega/zepvn/estaca_de_bares/detalle/
https://sites.google.com/site/polavoltadosor/bares-e-a-estaca/os-muinos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.7865130146
Lonxitude: -7.6773673296
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84