Outra fotografía:

Tipo de ben: Cuartel,
Concello: Baiona
Parroquia: Baredo (Santa María)
Lugar: As Cadeiras - Cabo Silleiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

A batería de artillería costeira J4 atópase situada a escasos cinco quilómetros do municipio de Baiona. A súa posición defensiva cerra polo sur o acceso á Ría de Vigo. Estas instalacións construíronse na década dos anos 40 do século XX, con material procedente do artillado das Rías Altas e tendo como obxectivo protexer o porto de Vigo. As súas instalacións contan con catro canóns que aínda hoxe se poden observar baixo as súas garitas dende a estrada da costa que une Baiona coa Guarda. Na entrada ao lugar obsérvanse os restos das vivendas do capelán e do sarxento. Xunto a elas, un gran arco de pedra que conservaba o escudo franquista ata fai moi pouco, marca a entrada á praza onde se situaban parte das instalacións militares, como a cantina ou as dependencias oficiais. Un muro acaroado á colina protexe estas instalacións das tempestades atlánticas. Neste muro abríanse uns arcos que comunicaban cos pasadizos que aínda hoxe se conservan en bo estado.
Baixo terra atópanse os antigos túneles do búnker onde se localizaban os barracóns e o aceso ás baterías. Aínda se poden ver os restos das instalacións eléctricas e os restos de portas blindadas. O búnker conta con escaleiras e rampla para o descenso ata as baterías. Tamén se poden ver as catro pezas de artillería Vickers que aínda hoxe se conservan. Algunha dela data da década dos anos 20.

Trala chegada da democracia serviu de cuartel para cumprir o servizo militar. O complexo mantívose intacto ata principios da década dos 90 do século XX e un pequeno retén o vixiou ata o ano 1999, cando queda completamente abandonado.

A zona de seguridade se suprimiu en 1998 por Real Decreto pero na actualidade aínda pertence ao Ministerio de Defensa. (BOE nº 174 de 22 xullo de 1998)


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O Concello de Baiona merca este complexo militar de Cabo Silleiro por 370.000 euros para a súa posta en valor (ver referencias bibliográficas).


Referencias bibliográficas:

http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/baiona/baterias.html
http://vam.org.es/blog/post.php?id=2

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/baiona/2020/01/26/canones-cabo-silleiro/0003_202001V26C6992.htm

https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/baiona/2021/03/26/baiona-compra-bateria-militar-cabo-silleiro-370000-euros/0003_202103V26C5991.htm
https://www.farodevigo.es/comarcas/2021/03/26/baiona-compra-cuartel-militar-cabo-45900569.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O estado de ruína das instalacións é lamentable, non tanto pola falta de mantemento, senón polo vandalismo e roubo sufrido.


Onde está localizado

Latitude: 42.1090958774
Lonxitude: -8.89308929443
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84