Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Muxía
Parroquia: Muxía (Santa María)
Lugar: Mirador da Praia da Cruz
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos sen pedestal e cun varal octogonal. Ten un capitel cuadrangular cos brazos en mediacana e remates florenzados con botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza cara á dereita e ten unha cartela coas siglas “INRI”. O seu pano de pureza vai anoado á esquerda. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar cos dedos das mans entrelazados. O cruceiro é todo de granito estando moi erosionado polo que ten un estado de conservación malo.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTIN RUIZ, L.: “Cruceiros da provincia da Coruña”. Vol. II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUXIA/documents/0232CA002.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.102655341
Lonxitude: -9.21367764473
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84