Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Tui
Parroquia: Areas (Santa Mariña)
Lugar: O Adro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

As orixes desta igrexa remóntanse até o século XIII, tal como testemuñan os restos da fábrica desa época. Se ben, foi profundamente reformada nos séculos XVII,XVIII e XIX.

A igrexa, con orientación leste-oeste, responde á tipoloxía de planta rectangular cunha única nave e presbiterio configurado coma un corpo independente da nave, que posúe un menor desenrolo en anchura pero non en alzado, superando a altura da nave. Completa o edificio unha pequena sancristía adosada ao presbiterio polo costado sur. Como resultado desta organización, o edificio aparece conformado por tres volumes: a nave, con cuberta a dúas augas; presbiterio, con cuberta a catro augas e sancristía.

Toda a fábrica é de perpiaños irregulares que crean lenzos de grande sinxeleza. A fachada principal vai centrada por un eixe no que se abren os vans correspondentes á porta e unha fiestra enmarcada. A porta principal presenta un arco rebaixado cuberto mediante cornixa con varias molduras e clave remarcada. Seguindo o eixe vertical, a fachada remátase con espadaña de doble arco, rematada á súa vez co mesmo esquema decorativo do arco da porta. Nos ángulos do paramento presenta molduras das que caen gotas e dous pináculos.

Interesante é a porta lateral preoxival, resto da fábrica primixénea xunto cos canzorros sen decoración. Outro elemento a destacar é a lápida conmemorativa, que os veciños de Areas adicaron en 1922 ao bispo auriense Florencio Cerviño González, nado nesta mesma parroquia.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (ficha 61).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0318666393
Lonxitude: -8.66185069084
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84