Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Forcarei / Tabeirós - Terra de Montes (comarca)
Parroquia: Millarada (San Amedio)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Adentrandonos no corazón da parroquia de Millerada, topamos cun templo neoclásico de cruz latina, cuxo volume exterior deixa ver con claridade o espacio interior, adicado ao patrón da parroquia, San Mamede, ou San Amedio como se coñece na zona, comezado a construir no ano 1778; o seu altar maior, comezado no 1781 é obra do mestre de talla Bernaldo Rodríguez.
Presenta unha construción moi curiosa, reflexo da tradición canteira da Terra de Montes, cos muros feitos de sillares moi lisos, as pilastras dispoñense de xeito que non rompen co ritmo do propio muro. A nave central esta coroada por unha bóveda de canón reforzada por arcos de medio punto que descansan nas pilastras xa citadas, unindo as duas naves atopamos unha bóveda de arísta. Sobre a fachada, na que observamos unha porta adintelada e un pequeno vano central a modo de rosetón, érguese o campanario formado por tres corpos, o primeiro de base cadrangular, sen vanos o segundo en altura que cobixa ás tres campás, está máis ornamentado e coroado por catro pináculos nas súas catro esquinas e por último un corpo octogonal cuberto por unha pequena cúpula e coroado por un pináculo.
No seu interior podemos atopar tamén unha pequena capela con un fermoso retablo de estilo barroco do século XVIII.
Ista femosa vista atopase rodeada de antigos e fermosos sartegos, moitos deles situados no propio chán, e que rodean á propia igrexa e o atrio, que se atopa presidido por unha pila bautismal da época, ao recinto accedese por entre dous pinaculos situados sobre uns pilares de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Textos de Aquilino Cavadas Soto e Manuel Touceda Rivera.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.5751585079Lonxitude: -8.30622464418
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
adela suma says:
Ago 27, 2013
Coma información complementaria engado o enlace ao catálogo do PXOM (2002) vixente no concello (páxima 67):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FORCAREI/documents/0786CA001.pdf