Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Alameda de San Domingos.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Realizada polo recoñecido escultor ponteareano Silverio Rivas, trátase dun conxunto escultórico de dous volumes en granito rosa. Un deles confórmao un bloque cuadrangular de tres pezas furado no centro cunha silueta humana, o outro é o vaciado que representa á silueta. Ámbolos dous volumes aparecen tratados de forma diferente, así pois, o cuadrangular amosa nunha das caras unha epiderme a base de escamas que dota ao elemento de xogos de luz dependendo de como incida a luz solar e así crea un efecto de movemento. O mesmo volume presenta polos laterais as marcas das barrenas e pola cara oposta amosa un tratamento rugoso. Pola contra, a silueta preséntase toda ela cunha superficie lisa.

O monumento erixiuse no 1999 en memoria das víctimas do golpe de Estado de xullo de 1936, tal como recorda a lápida ubicada no interior da silueta vacía, e precisamente nun dos lugares onde foron fusiladas numerosas persoas, a Alameda de San Domingos de Tui.

Segundo o seu autor, o muro (volume cuadrangular) representa o elemento tráxico onde foron segadas as vidas das víctimas, mentras que coa figura trata de representar ao home desterrado, exiliado e “paseado”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://gl.wikipedia.org/wiki/Silverio_Rivas
http://culturagalega.org/atalaia/obras/monumento-as-vitimas-da-represion
http://tudensia.blogspot.com.es/2011/08/alameda-cumpre-155-anos.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0495774547
Lonxitude: -8.63896071911
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84