Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Rúa Canónigo Valiño/ San Domingos.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

As orixes do convento de San Domingos atópanse a mediados do século XIII, arredor do ano 1270, momento no que os Dominicos de Santiago de Compostela foron chamados polo Concello de Tui.

O primeiro cenobio ubicouse tras a Catedral pero pronto surxíu a rivalidade e o recelo por parte do Cabido catedralicio que tentou poñer trabas á instalación da orde dominica na cidade. Finalmente, e despois de varias disputas, o Cabido impón á orde relixiosa que constrúa o seu cenobio a extramuros da cidade, concretamente no lugar de San Xoán de Porto, á beira do Miño.

Nun primeiro momento levouse a cabo a construcción das dependencias conventuais e unha pequena igrexa que pronto foi preciso ampliar. O templo definitivo comézase en torno ao ano 1415, baixo a dirección do mestre arquitecto André Martín. Pero cando as obras da cabeceira aínda non ían moi avanzadas deberon ser paralizadas por falta de recursos, e non se reanudaron até 1424 grazas á contribución económica do bispo Don Xoán de Soutomaior e baixo a dirección do mestre Xoán Martínez. Finalmente, a igrexa foi consagrada polo bispo Don Pedro Sarmiento, en 1534.

A igrexa de San Domingos resposta á tipoloxía de cruz latina, dunha soa nave e tres ábsidas poligonais na cabeceira. Estilísticamente correspóndese cos presupostos do gótico mendicante .


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (ficha 31).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0488703916
Lonxitude: -8.64031791687
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84