Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Rúa Monxas/Santa María da Oliveira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Situada no extremo dereito da cruxía occidental do convento, o edificio presenta unha fábrica de sillares ben traballados e resposta ao plan rectangular, cunha soa nave con transepto coroado por unha cúpula. A igrexa remata cunha ábsida rectangular.

As trazas do templo foron realizadas polo afamado arquitecto Domingo Antonio de Andrade, correspondendo a súa construcción aos mestres canteiros Marcial González, Benito de Pintos e Pedro Cadavide, xunto co entallador Esteban Cendón.

O frontispicio caracterízase pola súa sobriedade, estructurándose en liña pero cun lixeiro retranqueo, respecto ao lenzo mural occidental do convento. Esta fachada resposta á clásica organización pentagonal e aparece dividido en dous corpos. O primeiro correspóndese coa altura da nave, mentres que o segundo redúcese ao frontón triangular coroado por unha cruz. Completa a fachada o campanario adosado ao lado esquerdo. O corpo inferior aparece dividido en tres rúas, sendo a central a que alberga a porta adintelada, recercada por guarnición plana e rematada por unha cornixa. Sucédelle a fornela de arco de medio punto, que alberga a imaxe da Inmaculada Concepción e sobre esta, unha cornixa que da paso ao último elemento, unha sinxela xanela. Todos estes elementos aparecen flanqueados por unhas pilastras toscanas de escaso resalte, que funcionan como elementos de articulación vertical da fachada.

O campanario é unha torre de perfecta sillería de planta cadrada, composta de tres corpos prismáticos superpostos en sentido decrecente. O primeiro deles é totalmente liso e compacto, ornado simplemente nos seus ángulos mediante placas recortadas. Unha cornixa serve de transición ao segundo corpo, que alberga as campás e presenta arcos de medio punto volteados entre pilastras caixeadas. Outra cornixa precede ao último dos corpos, conformado por un tambor prismático con arcos e rematado mediante cupulín octogonal sobre o que se eleva un pináculo de perfil bulboso. Este campanario, así como parte do templo, resultou danado no 1862 trala caída dun lóstrego.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/TUI/documents/27513CA103.pdf (ficha 35)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.0468587042
Lonxitude: -8.64383161068
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84